
Para a operadora, o acordo do que estamos a falar, “fortalece o seu catálogo de servizos en materia de eSaúde e a súa aposta por converterse en actor crave neste terreo”. Segundo as dúas partes implicadas na alianza, está claro que é preciso clarificar cousas na Rede, simplificar servizos e sobre todo pór un pouco de orde. Segundo apunta Telefónica, “a fiabilidade da información médica en Internet, malia a demanda que experimenta, atravesa un intre delicado”. De feito, sinala a compañía, a Rede reborda de fontes anónimas que divulgan contidos de saúde de aparencia útil e relevante, sendo imposible para o usuario saber a ciencia certa se o que ten diante é gran ou palla. Neste punto, incide a operadora, é onde entra en xogo Saluspot, unha comunidade onde os usuarios de servizos dixitais ligados á medicina, e os propios facultativos, achegan as súas opinións directas sobre múltiples cuestións. “Estamos polo tanto”, informan, “ante unha información sanitaria fiable e de calidade que evita que o usuario siga consellos de fontes non autorizadas que poidan pór en risco a súa saúde”. Isto é especialmente relevante en Latinoamérica, onde “existe un importante segmento de poboación cun acceso limitado ao sistema sanitario”. Saluspot, neste senso, lembrou na sinatura do acordo con Telefónica que o seu cometido é e será facilitar a democratización da saúde, subministrando acceso ao consello dun profesional colexiado e de balde, “acceso que para parte da poboación non sería posible doutra forma”.
Telefónica e Saluspot xuntan forzas para democratizar a eSaúde en Latinoamérica
Compartir Este Artigo
