
A ferramenta, de utilidade non só para cidadáns senón tamén para organizacións ecoloxistas e mesmo para empresas e gobernos que se comprometan valentemente co medio ambiente e a súa conservación (cousa que polo de agora é difícil de ver, sobre todo a nivel de gobernos), foi promovida polo World Resources Institute, que a presentou a semana pasada incidindo en que se trata só dunha parte integrante dun proxecto máis amplo, a faciana visible dunha iniciativa para impulsar a conservación dos medios naturais, arestora tan ameazados dende tódalas frontes e sen que a nosa terra sexa, nin moito menos, unha excepción. A ferramenta tira partido, como dixemos, dos mapas de Google e de informacións sobre o medio ambiente de entidades como Universidade de Maryland ou a NASA. A visualización dos datos corre a cargo da empresa española Vizzuality e a súa tecnoloxía CartoDB, tal e como nos contan dende eldiario.es, que reflicte opinións sobre os resultados do proxecto do propios implicados no seu desenvolvemento.
En marcha unha ferramenta para ver e denunciar a deforestación do noso planeta
Compartir Este Artigo
