
Poden presentar a súa candidatura as PEME e microPEME innovadoras con menos de dous anos no mercado (fundadas a partir de xaneiro de 2012). Estas empresas competirán na categoría Emprendes, que busca os proxectos de recente creación que destaquen especialmente polo potencial do modelo de negocio, polo tamaño e as características do seu mercado, o grao de innovación, o compromiso do equipo fundador e os resultados obtidos ata o momento.
As candidaturas achegaranse antes do vindeiro 10 de abril, exclusivamente en liña, na páxina web do certame. Durante os meses de maio e xuño, daranse a coñecer os 17 emprendedores seleccionados, un por comunidade autónoma, que pasarán a competir na fase estatal. O fallo final dos Premios EmprendedorXXI, na súa fase estatal, celebrarase en novembro. O acto reunirá aos gañadores autonómicos da categoría Emprendes, así como aos finalistas da modalidade Medras e aos premiados cos accésits outorgados por entidades colaboradoras.
Lembrar que nas diferentes edicións destes premios xa participaron un total de 3.190 empresas de nova creación. En total, La Caixa e ENISA destinaron 1,6 millóns de euros a achegas económicas para os gañadores e máis de 1 millón de euros a programas de formación e traballo en rede internacional.
Na edición de 2013, en Galicia participaron 29 empresas. Como fixemos saber daquela dende Código Cero resultou gañadora a iniciativa Qubitia Solutions, empresa que desenvolveu unha plataforma de software para producir e controlar, en tempo real, todo tipo de algoritmos e estratexias de investimento e cobertura para a contorna dos mercados. Dirixida aos profesionais dos mercados (brokers, xestores de entidades financeiras, etc.), facilita o estudo das súas estratexias de investimento nunha contorna cada vez máis complexo, con maior volume de datos e velocidade da información.
A oitava edición dos Premios EmprendedorXXI está dotada con máis de 400.000 euros en metálico
Compartir Este Artigo
