
A isto hai que sumar os éxitos colleitados por outros recursos de InQBarna, unha empresa que en palabras de Sánchez está especializada en Social Music Apps, que son ferramentas para impulsar a vertente social da música, sendo como son as cancións os piares básicos do acto de compartir, agora (coa chegada das redes) e dende sempre. En definitiva: compartir tamén é crear, e iso sábeo ben quen gravou algunha vez unha cinta casete para dedicarlla a outra persoa.
Como dixemos, amais de Veat houbo outros éxitos colleitados. Por exemplo Splyce, unha ferramenta que nos deixa marxe para seleccionar varias cancións no noso móbil e reproducilas logo de xeito que se ligan unhas coas outras, solapándose, dándolle ao conxunto o aire conxuntado e equilibrado que lle daría un DJ. Por certo que Splyce xa tivo 800.000 descargas na App Store. Ademais, con outra das súas aplicacións, a app Deej, os estudos nos que desenvolve o seu labor o galego Nacho Sánchez (estudos emprazados en Barcelona, no Poblenou), conseguiron ocupar o número un nas clasificacións musicais da tenda de Apple a nivel internacional.
A maiores, cómpre non esquecer o traballo feito pola empresa para pór en marcha unha plataforma na cidade francesa de Niza (Nice City Pass) que integra datos en tempo real de tódolos medios de transporte e prazas de aparcadoiro que hai na cidade. Xa nun plano máis concreto, amósanos cousas como a frecuencia coa que pasan trens ou autobuses, os posibles accidentes no noso traxecto, as rutas alternativas ou a posibilidade que temos de atopar unha bicicleta nun punto determinado.
Unha empresa con piares galegos lidera o eido das aplicacións de música 2.0
Compartir Este Artigo
