A operadora Vodafone está a celebrar estes días o seu trinta aniversario. Máis en detalle, os trinta anos do nome Vodafone, que naceu hai agora tres décadas cando Racal Electronics (que é o xermolo da actual compañía de telecomunicacións) anunciou o apelativo comercial do seu novo servizo público móbil. O anuncio, conta a operadora, levouse a cabo nunha rolda de prensa o 22 de marzo de 1984 en Londres. A presentación levouse a cabo baixo o seguinte obxectivo: ofrecer unha rede pública de telecomunicacións verdadeiramente móbil de alcance nacional que “a día de hoxe” (ou sexa, naquel 22 de marzo no Reino Unido) “non existe”.
O nome Vodafone inspirouse nas palabras voice, data e phone e foi concibido por un dos primeiros directores da compañía e máis a axencia de publicidade Saatchi & Saatchi. Segundo informa a compañía, a proposta desta axencia de escribir fone en troques de phone foi rexeitada nun principio polo entón máximo responsable da mesma, Sir Gerry Whent. Porén, rematou por ceder. Máis tarde foi quen recoñecer que o nome foi un golpe mestre. Hoxe en día, Vodafone é a marca de maior valor no Reino Unido e a 16ª máis valorada a nivel mundial (fonte: 2014 Brand Finance Global 500 ).
Vodafone celebra o trinta aniversario do seu nome
Compartir Este Artigo
