
Os portos e a súa evolución cara aos smart harbours ou portos intelixentes supoñen un elemento chave de desenvolvemento, fundamental nunha comunidade como Galicia cun tráfico portuario que supera os 30 millóns de toneladas de mercadorías e con varios portos entre os primeiros a nivel nacional por volume de negocio. O transporte marítimo internacional é un piar sobre o que se sustenta o crecemento económico e comercial.
Segundo Manuel Lago Vecino, director xeral de Emetel, “os portos representan un papel fundamental no crecemento das cidades, son un motor económico e en comunidades como Galicia, Asturias ou País Vasco o seu desenvolvemento tecnolóxico é vital para ser competitivos nun mercado que está en continuo crecemento. Xornadas como estas permiten xuntar innovación a través dos axentes TIC implicados con solucións exclusivas para o sector e necesidades portuarias mediante a participación dos seus representantes”.
Emetel amosará na Coruña a súa proposta para a modernización tecnolóxica dos portos
Compartir Este Artigo
