
A proposta estase a presentar estes días a través dun inicio de tempada de primavera semella especialmente prolífico en actividades. Ou sexa, exposicións, cursos, obradoiros, charlas, todo de tipo de accións de carácter social e cultural, moitas delas en relación directa coa cuestión que nos ocupa, as novas tecnoloxías. Sen ir máis lonxe, a partir deste mes de abril, Daniel Bañobre Dopico (lala!bander especialista en seguridade informática e co-fundador da empresa Kunterbunt, amais de membro da iniciativa de deseño social Porcos Mortos), abrirá unha aula de introdución sobre linguaxe informática aplicado ao deseño web. O obxectivo: crear páxinas webs e personalizar o seu aspecto e funcionamento. Para inscribirse na aula, informan os lala!banders (así se fan chamar os membros e usuarios deste espazo de coworking e centro social), seranos preciso presentar previamente unha descrición do proxecto que se queira desenvolver.
O programa para este inicio de primavera complétase (entre outras cousas) cun curso sobre fotografía a cargo de David Barreiro (do venres 28 ao domingo 30 de marzo) e cun proxecto de recadación de apoios e mecenado na Rede (crowdfounding), a iniciativa Trala pegada dos Apartheids, na que tamén colabora Lala!bandería e que consiste en liñas xerais nunha mostra fotográfica e audiovisual a cargo da xornalista galega Iara M. Búa: diferentes anacos de vidas extraidos dos refuxiados de Palestina, Poissy (Francia) ou Manenberg (Suráfrica).
O espazo Lala!bandería lévanos da man á linguaxe informática aplicada no deseño web
Compartir Este Artigo
