
Máis polo miúdo, a cita con Federico Morán Abad, responsable da dita Secretaria, artellouse nunha serie de demandas concretas dos Consellos Xerais e as profesións que representan en relación co Real Decreto polo que se establece, entre outras cousas, o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis 2 ou 3 do MECES dos títulos oficiais de Arquitectura, Enxeñaría, Licenciatura, Arquitectura Técnica, Enxeñaría Técnica e Diplomatura, presentado o pasado 13 de marzo e sometido actualmente a audiencia pública.
Na xuntanza constatouse que o CCII e o CONCITI comparten a visión da Secretaría de que as antigas titulacións de Enxeñaría Informática e a Enxeñaría Técnica Informática sexan equiparadas ao nivel 2 e 3 de MECES, respectivamente. Na cita fíxose saber tamén que tanto a Diplomatura en Informática e a Licenciatura en Informática contaban con senllos Reais Decretos de homologación á Enxeñaría Técnica en Informática e Enxeñaría Informática e por tanto estas titulacións debían recibir o mesmo trato. Tamén en relación a este Real Decreto, lembrouse que en España as titulacións vinculadas coas Enxeñarías en Informática están adscritas ás pólas de coñecemento de Enxeñaría e Arquitectura e non á de Ciencias, “tal e como aparecen no borrador”.
Os representantes dos Consellos trasladaron ademais a necesidade de que a situación diferencial das Enxeñarías en Informática sexa tida en conta no Real Decreto, para o que trasladaron a proposta de modificación do Anexo I, a fin de que este recolla as titulacións vinculadas coas profesións de Enxeñaría e Enxeñaría Técnica en Informática. A proposta deberá ser estudada pola Secretaría, compromiso que os Consellos Xerais acadaron na xuntanza.
Os informáticos reclaman que se equipare aos titulados pre-Bolonia ao marco de cualificacións de educación superior
Compartir Este Artigo

