O vindeiro xoves 10 de abril, Alejandro Arce, director de Produción de Visual Publinet, impartirá en Vigo un máis que interesante obradoiro sobre as cousas que podemos facer para aproveitar o máximo as funcionalidades e potencialidades dunha tablet. Trátase, máis polo miúdo, dun obradoiro práctico (hands on) de tarde orientado a empresarios e directivos que queiran experimentar unha serie de enfoques para empregar o seu dispositivo como unha ferramenta máis de traballo.
A actividade Como sacar partido a unha tablet, xirará arredor das funcionalidades e aplicacións que podemos empregar no noso día a día para mellorar a produtividade da nosa empresa usando tablets ou smartphones Android, iOS ou Windows Phone.
Os obradoiros teñen un custo de cinco euros para o público en xeral e son de balde para os membros de Nyn e un acompañante. As prazas son limitadas e outorgaranse por rigorosa orde de inscrición. A cita é no número 16 da rúa Real. A actividade comeza ás 16.30 horas e remata sobre as 18.00.
Alejandro Arce ofrece en Vigo un obradoiro sobre como sacar partido á nosa tablet
Compartir Este Artigo
