
Neste encontro tamén se explicou a nova oferta de TV da compañía. Operativa desde o pasado 7 de marzo con Movistar Fusión, integra todo o Campionato do Mundo de Motociclismo (que Movistar TV achegará este ano compartido con Mediaset e en exclusiva a partir de 2015), e tamén o Campionato do Mundo de Fórmula 1, que este ano e o vindeiro serán en aberto e a partir de 2016 en exclusividade absoluta.
Alén dos contidos, Telefónica ofrecerá un novo abano de funcionalidades pioneiras no mercado da televisión de pago. Decidindo o cliente a televisión que quere ver e cando, e sen cambiar o decodificador actual que ten na súa casa. Á opción de ver a televisión en calquera dispositivo (televisión, smartphone, PC ou tablet), Movistar engade o gravador persoal en rede con 350 horas de almacenamento, incluídas as gravacións en HD. Axiña este gravador incluirá tamén a funcionalidade de gravación automática dos últimos sete días de todos os programas e contidos que o cliente teña contratados.
Manuel Alonso quixo explicar as accións de Telefónica en Galicia no eido da responsabilidade social corporativa. A compañía “que conta entre os seus empregados con 254 voluntarios” intensificou no último ano o seu compromiso con Galicia no ámbito dos proxectos sociais, a cultura e, sobre todo, o emprendemento vinculado aos mozos. Nesta liña de apoio aos emprendedores está o proxecto Think Big, pensado para que aqueles mozos entre 14 e 25 anos que teñen unha idea capaz de mellorar a súa contorna reciban apoio técnico e financeiro por parte da Telefónica. O segmento máis novo de Think Big, que recibe o nome de Think Big Schools, está encamiñado a mozos de entre 14 e 16 anos que estudan en institutos públicos, e aos que se lles forma, tanto nos propios institutos coma nas centrais da compañía, en emprendemento vinculado á tecnoloxía.
Nesta liña de apoio á innovación, Telefónica xa está a traballar coa Xunta de Galicia na posta en marcha do Centro de Emprendemento, que estará na Cidade da Cultura e que poderá acoller de xeito simultáneo ata 60 proxectos de mozos emprendedores que serán apoiados e tutelados por expertos da Compañía. Ademais do apoio ao emprendemento, Telefónica mantén o seu habitual apoio ao deporte e á cultura galegos, fai só uns meses asinaba un acordo de colaboración coa Federación Galega de Fútbol.
Telefónica prevé achegar a fibra óptica a 351.844 vivendas galegas
Compartir Este Artigo
