
A rede 4G de Yoigo, que se ofrece aos usuarios sen ningún tipo de custo adicional, chega así a un total de 220 concellos distribuídos en todas as provincias, cubrindo co comezo do mes de abril un 48% do territorio nacional.
Lembrar que Yoigo está a despregar a súa rede 4G na banda de 1.800 MHz, a banda que se está convertendo no estándar de roaming internacional en 4G e que permite velocidades de baixada dun máximo de 75 Mbps, cunha media de entre 20 e 40 Mbps. Segundo informa a operadora, “no caso de que a nosa empresa destine os 15 MHz dos que dispón na frecuencia de 1.800 MHz a 4G, a velocidade máxima de baixada podería chegar a 112 Mbps”.
Como lembraremos, Yoigo presentou no pasado marco da feira MWC unha serie de obxectivos a ter en conta en materia de 4G. Algúns analistas mesmo chegaron a comentar que a operadora é a que leva percorrido máis camiño en territorio español no que a espallamento das devanditas redes se refire.
A rede 4G de Yoigo chega xa a tódalas provincias
Compartir Este Artigo
