Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un respaldo intelixente e un videoxogo personalizable, entre os proxectos premiados na Coruña no certame KiiCS
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

Un respaldo intelixente e un videoxogo personalizable, entre os proxectos premiados na Coruña no certame KiiCS

Redacción
Publicado: 02/04/2014
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Alba e Uxía logo de recoller o galardón/ Imaxe: Faro de Vigo
Alba e Uxía logo de recoller o galardón/ Imaxe: Faro de Vigo
Finalmente entregáronse na Coruña, este sábado na Domus, os galardóns do certame KiiCS de Arte, Ciencia e Tecnoloxía, un concurso convocado polo Concello a través dos seus Museos Científicos e en colaboración coa Fundación Barrié (educaBarrié). Como lembraremos, estes recoñecementos convidan aos alumnos de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos a desenvolver proxectos innovadores en calquera dos ditos eidos. Ou sexa, proxectos que teñan o aquel de cousa non vista e que ademais poñan en xogo o factor utilidade. As gañadoras foron Alba Fernández González e Uxía García Vázquez, alumnas das Aulas Tecnópole, grazas ao seu respaldo intelixente.
A súa achega, que xa causara un gran interese na pasada edición da feira Galiciencia (onde Alba e Uxía impuxéronse na categoría de Bacharelato), consiste nun respaldo para todo tipo de cadeiras de traballo que nos avisa cun sinal cando non adoptamos unha postura correcta. Precisamente no salón de novas vocacións científicas organizado pola Tecnópole tivemos ocasión de saber máis detalles sobre o enxeño, entre outras cousas que inclúe un circuíto eléctrico e unha serie de elementos que teñen en conta a curvatura media ou normal da rexión lumbar das costas. Agora, para o xurado de KiiCS, o seu proxecto salientou sobre todo pola súa orixinalidade e por buscar unha solución a un problema real. Por certo que a iniciativa non é nin moito menos unha iniciativa pechada, xa que está aberta á incorporación de novos recursos innovadores. Por exemplo: a inclusión dunha alerta de son.
Con todo, houbo máis proxectos recoñecidos ao abeiro de KiiCS, e algún deles moi relacionado coas novas tecnoloxías. Ao fío disto, o xurado do cito certame (financiado pola Unión Europea para tender pontes entre a arte, a ciencia e a tecnoloxía), decidiu outorgar o segundo galardón (un segundo premio compartido) a Xabier García Casas, que segundo informa a Aula Tecnópole (da que tamén forma parte, ao igual que Alba e Uxía) presentou “un videoxogo programado por el mesmo partindo de cero, cuns coñecementos básicos de programación nunha linguaxe chamada Processing e cun presuposto de cero euros”. Segundo se nos fai saber, o miolo do seu proxecto é a inclusión dun módulo que permite que cada xogador teña ao seu dispor a personalización do propio xogo, dando forma a un avatar de seu. Xabier García Casas compartiu o segundo premio con dous estudantes de Cambre que idearon un sistema que alerta sobre temperaturas extremas en instrumentos musicais para evitar que se danen. Esta iniciativa, chamada Alerta, moita calor!, veu da man de Olalla Álvarez García, Alicia González Míguez e Sara González Míguez, estudantes do IES David Buján de Cambre.
O terceiro premio tamén foi compartido. Parte do mesmo foi para David Alonso, tamén alumno das Aulas Tecnópole, que deseñou un sistema de detección de infraccións en baloncesto aplicando a tecnoloxía Lego Mindstorms Nxt. Compartiuno cun estudante de Santiago, Álvaro Lafuente Díaz (Colexio Peleteiro), que presentou o proxecto Espellos e información.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?