Talentia Software, empresa centrada en servizos de xestión financeira e de recursos humanos, vai organizar o vindeiro 9 de abril na Fundación Novacaixagalicia na Coruña un almorzo de traballo dirixido a amosar recursos e tecnoloxía de seu. Segundo fai saber a empresa, na xeira de traballo “abordarase a cuestión da xestión estratéxica nos negocios mediante unhas solucións colaborativas que instrumentalizan a toma de decisións e axudan a mellorar o control e manexo dunha empresa”. O encontro cos empresarios e profesionais locais comeza ás 9.45 e desenvólvese ata as 15.00 horas.
Máis polo miúdo, presentarase Talentia CPM, plataforma para a xestión da estratexia e o rendemento corporativo que permite nun único recurso, informa a compañía, “resolver todas as necesidades en consolidación contable e fiscal, informes financeiros e elaboración de orzamentos”. Segundo engade Talentia, estamos ante “unha solución evolutiva e de doada integración, que inclúe navegación web intuitiva e personalizable, descentralización das tarefas das filiais, xestión colaborativa intra-grupo e dirección do proceso de validación da información”. Lembrar que o software Talentia CPM foi premiado recentemente como Produto de Software do Ano (Software Product of the Year).
Talentia presentará na Coruña o seu software para a xestión da estratexia e o rendemento empresarial
Compartir Este Artigo
