O vindeiro 8 de abril, toca pensar en que podemos facer polos demais en materia de comunicación. Ou sexa, por todos aqueles (moitos) que non teñen maneira de acceder aos recursos da era da mobilidade nin tampouco amañar e actualizar os recursos que xa poidan ter. Falamos do Día da Reparación Solidaria, unha iniciativa posta en marcha por The Phone House para facer posible que as persoas con menos recursos (desempregados, estudantes, xubilados, etc) poidan reparar o seu dispositivo de balde. Ao mesmo tempo, The Phone House quere celebrar o trece aniversario do seu servizo de reparacións e achegar “o seu gran de area nestes tempos de crise”.
A cita será o vindeiro martes 8 de abril, a partir das 10.00 horas, e terá ao establecemento da rúa Conde de Peñalver de Madrid como centro de operacións. As persoas que alí se acheguen e que cumpran cos ditos requisitos, poderán beneficiarse dun arranxo sen custo. Entre as avarías máis frecuentes, por certo, atópanse os fallos de batería (19,39%), que o dispositivo se apague só (18,89%),o bloqueo (14,42%), a imposibilidade de efectuar a carga (8,91%), o acceso (5,31%) e os problemas coa pantalla (4,82%). A iniciativa solidaria, informa The Phone House, ten moitas posibilidades de estenderse nos vindeiros meses a outras cidades, dentro dos actos de conmemoración do seu servizos de reparacións. Lembrar que na nosa terra, a empresa ten tendas nunha chea de localidades. Estaremos atentos a unha posible chegada a Galicia da iniciativa solidaria.
The Phone House fará reparacións de balde a persoas sen recursos o vindeiro 8 de abril
Compartir Este Artigo
