A operadora galega Oceans vén de estrear nova web, oceanshouse.es. E faino cun novo deseño, novos contidos e nova imaxe de seu. “A nosa idea era seguir avanzando”, comentan fontes da empresa, “e o seguinte paso era acadar unha páxina que fose máis intuitiva, dinámica, útil e accesible”. Un dos piares da nova proposta web é polo tanto a sinxeleza. En base a esta fórmula, Oceans aposta neste sitio por unha clara diferenciación por bloques entre os servizos destinados a particulares ou encamiñados a dar cobertura ás empresas. A maiores, dáselle presenza destacada aos apartados máis requiridos, como o correo electrónico ou a área de cliente.
Outro dos obxectivos da empresa foi o de imprimirlle ao conxunto final a sensación de estarmos no medio e medio da evolución tecnolóxica. Esta idea de evolución, sinalan fontes da empresa, conséguese non só coa supresión de todo aquilo que pode interpoñerse entre os contidos e o usuario, senón tamén coa inclusión continua de novos produtos. Entre estes novos produtos que amplían o catálogo atopamos as catro modalidades de ADSL dispoñibles (antes eran tres), con melloras substanciais respecto das súas antecesoras: Oceans ADSL 10 MB, ADSL 20 MB, VDSL 30 MB e ADSL Libre 10 MB. Segundo engade a empresa galega, entre as principais características destes novos produtos atopamos cousas como acceso a Internet á máxima velocidade, tarifa plana sen límite a números nacionais ou 1.000 minutos a internacionais de 12 países e chamadas a móbiles nacionais por 0 céntimos/minuto. A maiores disto, a firma galega engade que se vai incorporar á web un novo produto de converxencia especialmente orientado ás empresas, Oceans Engloba, que inclúe tres servizos nunha única factura e produto (fixo, móbil e ADSL).
Oceans estrea nova web
Compartir Este Artigo
