A USC organiza os vindeiros días unha xornada sobre a necesidade de establecer máis canles de traballo conxunto entre o tecido produto e os ámbitos académicos de investigación, fortalecendo tamén as xa existentes e amosando froitos e casos de éxito. No coloquio Transferencia de tecnoloxía e mellora das redes de cooperación participarán representantes de Google e Atos, que explicarán as vías de colaboración tecnolóxica entre as súas empresas e centros de investigación e universidades, así como as áreas de interese en materia de I+D para as súas compañías.
O salón de graos da Facultade de Matemáticas acollerá a cita que se desenvolverá durante todo o día 23 e que está dirixida especificamente para investigadores universitarios. Para participar é preciso, cómpre que nos inscribamos no correo josemanuel.rebolo@usc.es. O prazo para facelo remata o 22 de abril.
Respecto á xornada en si mesma, pola mañá desenvolveranse as charlas do coordinador de proxectos de Google para Europa, Pablo Campos, e da consultora de I+D de Atos Internacional, Paz Gómez, así como a presentación dos resultados de investigación do Proxecto POTEP VT sobre vehículos de transferencia tecnolóxica e un coloquio sobre colaboración entre empresas e centros de investigación. Pola tarde, os representantes de Google e Atos reuniranse cos grupos de investigación da USC que o soliciten, para establecer posibles vías de colaboración.
Google e Atos falarán na USC sobre as vantaxes do traballo conxunto entre empresas e universidades
Compartir Este Artigo
