
Segundo informa AMTEGA, departamento do que depende o Centro Demostrador, a idea é que mediante estas dúas sesións as persoas asistentes adquiran “os coñecementos precisos para empezar a comercializar os seus produtos ou servizos a través de plataformas dixitais”. Ademais, engade, “aprenderán as habilidades básicas para a definición dunha estratexia de posicionamento da empresa a través de medios electrónicos e a participación nas redes sociais”. A inscrición pode realizarse a través da web do Centro Demostrador TIC.
Co obxecto de facilitar a asistencia os obradoiros serán transmitidos por videoconferencia a través das aulas CeMIT. Aquelas empresas que desexen asistir baixo esta modalidade, poden acudir á súa aula CeMIT máis próxima e solicitar a súa participación, ou chamar aos teléfonos 981 97 51 36 ou 981 54 50 60.
Lembrar que Javier Rocamora García (A Coruña) é responsable de mercadotecnia en Appvisor. Exerce tamén como consultor e formador autónomo na web jrocamora.com e durante os últimos anos está orientando o seu labor a proxectos relacionados directamente coa mercadotecnia en liña e os seus recursos e vantaxes: análise e redeseño de webs para facelas máis eficaces de cara á venda, presenza en redes sociais, publicidade en liña, deseño de blogs, responsable de comunidades dixitais, etc. A empresa coruñesa Appvisor, pola súa banda, é unha plataforma de consultas a expertos a través do dispositivo móbil, que permite formular cuestións a algún dos especialistas cos que conta en calquera intre e lugar.
Javier Rocamora introdúcenos no CDTIC na actualidade da mercadotecnia en liña e o comercio electrónico
Compartir Este Artigo
