Para ter unha correcta xestión de contrasinais moitos usuarios optan por empregar servizos de xestión dos mesmos, de xeito que só é preciso coñecer o contrasinal do servizo centralizado para poder acceder moitos outros servizos que poden empregar contrasinais moi complexos e incluso renovados con certa frecuencia, fornecendo a seguridade das nosas distintas contas de usuario en liña; e para facelo aínda máis doado no móbil dos servizos de xestión de contrasinais máis popular, LastPass, anunciou o soporte do sensor de pegadas dixitais do Samsung GALAXY S5, o que permitirá que os usuarios do servizo poidan identificarse en numerosas páxinas web e aplicacións con só pasar o seu dedo polo sensor biométrico do smartphone.
Para poder empregar LastPass no GALAXY S5 é preciso contar coa aplicación do servizo para Android, que aínda que pode descargarse libremente, só está dispoñible para usuarios Premium do servizo (que custa 1 dólar ao mes).
Esta nova aplicación supón un claro exemplo da vantaxe que supón que Samsung abra o seu sistema biométrico a terceiros (o que permite que tamén PayPal aproveite esta tecnoloxía para autorizar pagamentos), mentres que Apple restrinxe a tecnoloxía de Touch ID ao desbloqueo do terminais e á identificación nas súas tendas en liña.
LastPass aproveita o sensor de pegadas dixitais do GALAXY S5 para identificarnos en distintos servizos en liña
Compartir Este Artigo

