
A idea era presentada a comezos de abril na sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), entidade que actúa como socia organizadora e que fornecerá con bolsas a dez das persoas que sexan aceptadas para participar no curso. “Preténdese que quen participen coñezan durante unha semana as ferramentas para lanzar unha idea ao mercado”, explicaba Mónica Regueiro, unha das coordinadoras da iniciativa que, asegurou, “está presente nos catro continentes”. Buscar a mellor maneira de realizar un proxecto tentando facer o menor investimento posible será un dos principais obxectivos do programa, cuxos participantes terán entre o 3 e o 10 de maio intensas xornadas de traballo con expertos en diversos eidos. Finalmente, cada “pirata” terá que presentar unha idea de negocio a un xurado, cuxos membros lle darán unha valoración. Todos os que se presenten recibirán un premio pero o que resulte gañador poderá ocupar durante tres meses un espazo na sala de coworking da Tecnópole.
Comeza Startup Pirates Ourense, ou como facer realidade un negocio en sete días
Compartir Este Artigo
