
O curso estará orientado tanto a desenvolvedores como a enxeñeiros de rendemento e administradores de sistemas, con énfase na súa aplicación a proxectos Big Data en Java, completándose a formación cun caso de estudio de éxito de optimización avanzada. A docencia impartirase en español e a documentación achegarse en inglés.
Cómpre destacar que o nivel deste curso é moi avanzado, estando dirixido a unha elite de profesionais tanto do contorno de programación Java como de sistemas Linux que precisen optimizar aplicacións cun grande volume de transaccións de niveis críticos en rendemento.
Esta actividade ten límite de prazas e terá un custo de 240 euros por asistente, cota bonificable parcialmente pola Fundación Tripartita, estando xa aberta a súa inscrición ata o 24 de xuño.
Un curso da Universidade de Vigo abordará a optimización de aplicacións Java baixo Linux
Compartir Este Artigo
