
E quen está detrás desta Confederación Pirata? Pois está unha unión de partidos políticos independentes cuxo fin é realizar proxecto conxuntos e promover o Movemento Pirata Internacional dende o eido do Estado español. A día de hoxe a Confederación Pirata está conformada por varios partidos espallados pola Península, entre eles os Piratas de Galicia.
A Confederación Pirata enviará información sobre a posibilidade de que un cidadán sexa un neno roubado na súa propaganda electoral, poñendo a disposición de toda a cidadanía a web-taboleiro QuienSoy.org, na que se poden consultar os diferentes casos de desaparecidos por data de nacemento, provincia e hospital ou centro de acollida, xunto cunha listaxe dos hospitais implicados en máis desaparicións. Engadir que os datos dos desaparecidos foron achegados por ANADIR e Fundación Adoptados, entidades que asesoraron á Confederación Pirata en referencia ao contido da carta a enviar aos potenciais afectados, e que xestionarán os diferentes reencontros de cara a efectualos do xeito máis respectuoso e menos traumático posible. Emporiso, os gastos da iniciativa de bebés roubados encádranse nos fondos de campaña da Confederación Pirata, para os xa se atopa aberto un crowdfunding no que se pode colaborar. Na páxina web do proxecto os detalles sobre a maneira de realizar doazóns á Confederación Pirata e o orzamento da iniciativa. Tamén son posibles outros xeitos de colaboración como a difusión da campaña ou a procura e ampliación de información sobre os casos de bebés desaparecidos.
