
A celebración das sesións educativas terá lugar nas salas de traballo en grupo do terceiro andar e a Biblioteca porá a disposición de cada un dos participantes un ordenador portátil con conexión a Internet. Os cursos desenvolveranse segundo o seguinte calendario: en xuño celebrase Ofimática Básica e Ofimática avanzada e en setembro Internet básico e Internet avanzado.
O período da inscrición xa está aberto dende o xoves 15 de maio prolongarase ata as 13.30 horas do 24 do mesmo mes. Os interesados poderán obter máis datos ao respecto e anotarse chamando ao teléfono 8881 999 401 ou acudindo directamente ao mostrador do andar baixo, onde se lles facilitará un tríptico informativo. Na web da biblioteca tamén atoparán información de interese sobre as achegas formativas.
A Biblioteca Ánxel Casal de Santiago lanza catro cursos sobre informática para principiantes e veteranos no eido TIC
Compartir Este Artigo
