A Universidade de Santiago de Compostela vén de abrir o prazo para votar os modelos 3D de precisión elaborados por estudantes cos seus respectivos teléfonos móbiles ao abeiro do D3Mobile Metrology World League. O proceso de valoración en liña estará aberto ata o 11 de xuño na web do certame. Coas votacións dos internautas elixiranse aos gañadores do concurso, que, como recordaremos, diríxese a fomentar as vocacións científicas entre os escolares. Lembrar que este certame é un campionato científico promovido polo grupo de investigación USCAN3D en colaboración coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e outras entidades públicas e privadas, españolas e estranxeiras.
Segundo informa a organización, os/as participantes nas votacións entrarán no sorteo de diversos agasallos por un valor global de 1.500 euros e unha sorpresa doada polo padriño do campionato.
O D3mobile Metrology World League non é un concurso acabado de chegar. De feito, informa a USC, xa achegou boas oportunidades aos nosos escolares para “aprender a elaborar modelos 3D de precisión co seu propio teléfono móbil a través de técnicas de aprendizaxe a distancia”. Este programa formativo, engade, tamén achegou aos estudantes as ferramentas precisas para investigar e descubrir como obter bos resultados métricos e visuais. Os modelos elaborados polos alumnos/as someteranse estes días á opinión pública, “co que se pretende achegar a ciencia aos cidadáns, facéndoos partícipes dun campionato que ten precisamente a ciencia como protagonista”.
Aberto o prazo para votarmos os mellores modelos 3D do certame D3Mobile
Compartir Este Artigo
