
Pero as Historias de Google+ son algo máis aló dun vídeo, senón que constrúen galerías interactivas que podemos compartir na Rede, facendo moi elegante e dinámica a visualización de fotografías e vídeos asociados a localizacións, que poderán ligarse cun esforzo mínimo para crear unha presentación moi elegante para poder narrar unha viaxe ou un evento, evitando así que as imaxes que captemos queden acumuladas sen xeito, e poidan rememorarse dun xeito curioso e moi ilustrativo, como podemos ver nos exemplos que veñen de publicar o parapentista Tom de Dorlodot ou o DJ Steve Aoki.
Historias en Google+ chega esta semana a Android e á web, e en breve estará tamén presente para iOS.
Google+ facilita agora a creación automática de vídeos cos nosos momentos cotiáns
Historias de Google+ facilita a narración visual dos nosos momentos
Compartir Este Artigo

