
Neste WeKCoDesayuno Wicho contará o caso de Microsiervos: como montar un blog de éxito por casualidade, repasando a historia do seu curioso medio en liña, o que pode resultar enriquecedor para calquera que estea a emprender na Rede, pois sempre poderá aprender algo das boas prácticas que levaron a Microsiervos a converterse nun dos espazos máis relevantes da blogosfera europea e da blogosfera en español.
Esta actividade terá lugar entre as 9:15 e as 10:30 horas e terá un custo de 3 euros.
O mesmo día en WeKCo tamén botará a andar un obradoiro ás 19:30 horas, que continuará o xoves seguinte, e durante o que Raquel Pedrouso Carreira quere instruír sobre a busca de traballo e a creación de marca persoal empregando a plataforma social profesional LinkedIn.
Os interesados nesta actividade deberán levar portátil, tablet ou smartphone para poder tirar proveito do obradoiro de busca de emprego 2.0 que terá un custo de 25 euros.
WeKCo acollerá un relatorio sobre a traxectoria de éxito do blog Microsiervos
Compartir Este Artigo

