O Centro Demostrador TIC, que xestiona a AMTEGA, acollerá o día 28 de maio o curso Aforro + Xestión + Alta dispoñibilidade é posible unificando as túas comunicacións. A xornada, na que se realizará un percorrido por diferentes solucións tecnolóxicas dispoñibles para optimizar a xestión das comunicacións na empresa, impartirase en horario de 10:00 a 14:10 horas.
Os directores ou responsables de departamentos de TIC ou de informática asistentes recibirán formación sobre como enfrontarse aos novos retos que están a demandar as tecnoloxías da información cos novos conceptos como BYOD, cloud… tendo presente os termos invest, opex e capex para que os seus proxectos cheguen a materializarse.
O amplo programa da xornada inclúe catro charlas que se distribuirán ao longo da mañá. Na primeira delas falarase da oficina sen cables #GenMobile; a segunda estará dedicada á integración e a xestión de vídeo intelixente; a terceira, ás comunicacións unificadas; e, por último, explicarase como darlle intelixencia á rede xestionando a seguridade e o largo de banda. Ao final, permitirase unha rolda de preguntas sobre os temas tratados.
Dados os temas que se van tratar nesta actividade formativa, os principais destinatarios desta serán os directores xerais e os responsables dos departamentos de tecnoloxías da información ou de informática das empresas. Como as prazas son limitadas, cómpre que as persoas interesadas realicen a súa preinscrición na web do CDTIC. A asistencia á xornada é de balde.
Curso no CDTIC sobre a xestión das comunicacións na empresa
Compartir Este Artigo
