Da man de FOGA, a empresa galega achegou a Samsung School a distintos colectivos relacionados co ensino. Trátase dunha solución centrada na aprendizaxe diaria dos estudantes para que obteñan os mellores resultados.
Con ampla experiencia en tablets e no desenvolvemento de software, a multinacional coreana xa implementou a súa solución en colexios e chega agora a España de man de FOGA.
A tecnoloxía Samsung School pretende manter aos estudantes atentos, fomentar unha experiencia positiva de aprendizaxe, axudar aos profesores a prestar atención personalizada a aqueles alumnos que o necesitan e permitir unha mellor xestión da aula. O proxecto involucra aos estudantes con ferramentas tecnolóxicas dinámicas e innovadoras de última xeración.
A presentación desenvolveuse durante un obradoiro práctico que tivo lugar no Colexio Junior´s de Santiago e no que participaron profesionais relacionados co ensino, coa investigación e coa xestión dos centros. Nas prácticas participaron especialistas en solucións e en programas e aplicacións para a educación, para o que contaron co apoio da empresa especializada en solucións integrais de comunicación FOGA.
Presentada esta tarde en Santiago as solucións que Samsung ofrece para os centros de ensino
Compartir Este Artigo

