Telefónica anunciou hoxe o lanzamento de Movistar/O2/Vivo Travel, unha nova experiencia de viaxes dixital para os seus cliente de Europa e América latina que viaxan ao estranxeiro e que inclúe tarifas diarios de roaming de datos e acceso a contidos de TripAdvisor, e que hoxe bota a andar en Alemaña para chegar dentro duns días a España baixo como Movistar Travel.
Esta proposta busca facilitar o uso de smartphones durante as viaxes polo estranxeiro grazas a unha tarifa diaria de datos sinxela e transparente que completarase cunha aplicación móbil para iOS e Android que permitirá xestionar o consumo de datos e a contratación da tarifa (á vez que incorpora a información turística de TripAdvisor). Para evitar un consumo de datos excesivo, a aplicación pode gardar datos en local para poder consultalos sen acceso á Rede.
En breve publicaranse as tarifas que se aplicarán para cada país.
Movistar Travel contará cunha aplicación móbil para as viaxes ao estranxeiro
Compartir Este Artigo

