
Volvendo á presentación de Vigo, a que nos ocupa agora, dicir que nela participaron, ante ducias de alumnos (futuros profesionais e empresarios das TIC), Manuel Alonso, director de Telefónica en Galicia, e máis Edita de Lorenzo, directora da Escola de Enxeñería de Telecomunicacións da Universidade de Vigo. A cita foi o luns, e nela o máximo responsable da operadora na nosa terra fixo saber que “a plataforma Galicia Open Future é a consecuencia lóxica e necesaria aos proxectos de emprendemento social que xa estabamos a desenvolver na comunidade”. De feito, explicou, proxectos como o Think Big e o Talentum son os precursores do Open Future, unha iniciativa que como dixemos servirá para habilitar un espazo de crowdworking na cidade da cultura do Gaiás para dar soporte a un máximo de 50 proxectos emprendedores.
Segundo engadiu Alonso, o proxecto xorde “como chanzo intermedio de aceleración de emprendedores de iniciativas locais”, unha porta de acceso a financiamento privado e a unha das prazas en Madrid ou Barcelona para Wayra. Así, durante os seis meses que dura o programa, “as iniciativas emprendedoras recibirán adestramento e formación en moi diversos eidos relacionados coa empresa e con altas esixencias para que a startup acade un nivel de maduración óptimo”, engadiu Alonso, que tamén fixo saber que existen importantes complementos ao espazo físico, como por exemplo unha plataforma virtual que conecte os proxectos que forman parte das diferentes iniciativas de soporte a emprendedores para o intercambio de ideas. E engadiu: “O traballo no espazo comezaría en setembro e dotaría a cada un dos proxectos seleccionados con entre 2000 e 6000 euros (dependendo do número de integrantes do proxecto) en concepto de axuda para traslado e arranque”.
O prazo para presentar os proxectos para a selección está aberto ata o 15 de xuño na páxina da plataforma Galicia Open Future.
Manuel Alonso debulla os obxectivos e posibilidades de Galicia Open Future na Universidade de Vigo
Compartir Este Artigo
