
Trátase dunha nova canle de comunicación bidireccional, xa que o concello tamén poderá emitir avisos urxentes, xerando así un “bando municipal tecnolóxico”.
Coa dita aplicación, que xa se pode descargar de balde dende Google Play, os veciños poderán notificar a través dos seus móbiles de calquera incidencia que lles afecte aos servizos e espazos municipais (auga, rede de sumidoiros, mobiliario urbano, espazos verdes…). A información, recibida de xeito centralizado, seralle derivada ao responsable correspondente, que poderá ter un coñecemento constante da xestión da incidencia ata a súa completa solución. Pola súa banda, os veciños tamén poderán facer seguimento das súas notificacións, xa que recibirán unha mensaxe tanto ao seren recibidas como ao seren resoltas.
Asemade, co City4santacomba, tamén fará posible un sistema de avisos á poboación, unha mellora da aplicación que se está a poñer en marcha este ano, potenciando así as posibilidades de interactuar de xeito inmediato cos veciños.
Outras opcións que terán os usuarios de City4santacomba son a recepción de novas, o acceso ao directorio municipal e a información xenérica do municipio (climatoloxía, territorio, feiras e mercados, lecer,…). Esta última prestación creouse de xeito específico para a aplicación contratada por Santa Comba.
Santa Comba aposta por unha app de eLaboro como canle de comunicación cos seus veciños
Compartir Este Artigo
