Nos últimos meses puidemos ver numerosos usos que os desenvolvedores facían das populares Google Glass, aplicando os lentes ao deporte, á medicina e a moitos outros ámbitos, pero dende a startup norteamericana TrackingPoint foron un pouco máis aló e decidiron integrar esa tecnoloxía nos seus rifles de precisión, que están dotados dunha mira telescópica que pode retransmitir as imaxes que capta mediante vídeo en streaming de xeito que poderiamos empregar como visor un smartphone, un tablet e, agora tamén, unhas Google Glass, o que facilitaría, por exemplo, apuntar a un obxectivo detrás dunha esquina ou dende unha trincheira sen expor a cabeza nin o corpo do tirador, facendo que disparar a cegas xa non dependa do azar á hora de atinar no obxectivo.
Temos así un claro exemplo de realidade aumentada aplicada a ámbitos militares, onde cada vez está máis presente este tipo de tecnoloxía que afasta cada vez máis aos humanos da súa participación directa nos campos de batalla.
Vídeo de demostración do uso de Google Glass cos rifles de precisión de TrackingPoint
Google Glass poderá empregarse como punto de mira en rifles de precisión
Compartir Este Artigo

