Os interesados en introducirse no mundo da impresión 3D indo máis aló de principios teóricos poden inscribirse nun obradoiro de operador de impresoras 3D que permitiralles iniciarse nas tecnoloxías de fabricación de obxectos tridimensionais mediante a superposición de capas sucesivas de material, aproveitando que cada día están máis ao alcance da man, tanto polo redución dos seus prezos como da simplificación das ferramentas informáticas para o seu manexo. Esta actividade desenvolveras no espazo de coworking WeKCo, onde propoñen non mercar unha impresora 3D, senón aprender a imprimir e logo, cando se precise dunha impresora deste tipo, acudir ao espazo Maker que teñen nas súas instalacións.
O obradoiro busca que os asistentes coñezan e se familiaricen coa impresión 3D, aprenden a xerar modelos 3D para impresión e aprender a calibrar e imprimir as primeiras pezas en 3D, xa que estamos ante unha actividade teórico-práctica, para o que contarán con varias impresoras Prusa i3.
Para un correcto aproveitamento do obradoiro, os asistentes deberán acudir cun ordenador portátil no que instalar e manexar o software necesario para a realización das prácticas.
Este obradoiro de iniciación á impresión 3D terá lugar os días 13 e 20 de xuño de 18:00 a 22:00 horas, ás que sumaranse 2 horas de prácticas individuais. Está limitado a 15 prazas e o prezo de inscrición será de 60 euros.
WeKCo anima a introducirse de xeito práctico na impresión 3D
Compartir Este Artigo

