
Así, o GPEN leva traballando arredor de dúas décadas no deseño e desenvolvemento de modelos de datos para a documentación arqueolóxica da Idade do Ferro en Galicia. Esta plataforma nace coa finalidade principal de ser o acceso a xeo-datos de temática arqueolóxica, fundamentalmente da Cultura Castrexa do noroeste
A dita plataforma propón un sistema operacional de xeración e provisión de datos xeoespaciais derivados da práctica e investigación arqueolóxica, que nos permite facilitar á arqueoloxía profesional e científica o coñecemento do estado dos traballos que se están levando a cabo e mediante a globalidade de Internet, compartir os seus contidos con calquera outra persoa interesada.
IDEPatri, sinalan os seus responsables, debe entenderse como un “sistema vivo” e en constante evolución, non como unha presentación de resultados. É unha ferramenta cotiá do traballo dos grupos de investigación que o integran e, ao mesmo tempo, é accesible a calquera persoa ou institución que desexe achegarse ata os seus servizos.
De partida, susténtase coa información xerada polo GEPN, dos seus traballos de investigación e da súa oferta de servizos: antracoloxía, carpoloxía, análise de restos alimentarios, estudos de materiais ou a xestión de datos nunha intervención arqueolóxica. IDEPatri quere permitir aos profesionais, a outros investigadores, as seccións da administración pública e museos implicarse no seu incremento, xa que a súa finalidade é converterse nun espazo de traballo que transcenda o eido particular do proxecto onde nace e se converta nunha activa arqueoteca en rede. Os interesados en asistir á presentación deberán achegar os seus datos persoais nun formulario en liña específico.
O CESGA e o GEPN presentan o día 30 unha plataforma para facilitar o traballo arqueolóxico
Compartir Este Artigo
