A Cidade da Cultura de Galicia acolleu hoxe a xuntanza da Comisión do Comité Técnico estatal da Administración Xudicial Electrónica. No transcurso da reunión avaliouse e impulsouse a vindeira posta en marcha dunha nova funcionalidade en órganos xudiciais das provincias de A Coruña e Pontevedra, implantándose a continuación e de xeito progresivo en Ourense e Lugo. Grazas a esta funcionalidade, avogados, procuradores e outros axentes xurídicos da Comunidade poderán presentar demandas de xeito electrónico ou incorporar documentación a un procedemento en marcha, a través do sistema Lexnet.
A posta en marcha deste servizo, informa AMTEGA, foi un dos temas que se abordou na xuntanza do comité CTEAJE presidida polo secretario xeral de Xustiza, Joaquín Silguero, e na que participaron a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, en representación de Galicia e os responsables dos departamentos de Xustiza e Informática de Aragón, Navarra, Canarias, Catalunya, Euskadi e Valencia. Segundo fixo saber Pereira, “Galicia é unha das primeiras comunidades en activar este novo servizo do sistema Lexnet”. Este sistema, lembrou, posibilitou dun tempo a esta parte que a Administración de Xustiza remitise notificacións electrónicas aos axentes xudiciais. “Coa activación desta nova funcionalidade os profesionais do eido xudicial poderán presentar tamén demandas e escritos de mero trámite nos xulgados, é dicir, incorporar documentación a un procedemento en marcha”, engade AMTEGA, que explica tamén que con este servizo sóbese un novo chanzo na supresión do papel nos trámites, na redución dos tempos de procedemento e na integración directa cos sistemas de xestión procesual. Amais, “mellorase a calidade da información”.
En marcha a presentación telemática de escritos e demandas a través de Lexnet
Compartir Este Artigo
