
Para as persoas interesadas en acudir a esta conferencia sobre mercadotecnia dixital e ecommerce, dicirlles que teñen toda a información relativa á mesma en conecom.es.
Por certo que este evento é case con toda probabilidade a máis importante (e a primeira) de cantas xuntanzas se celebran na nosa terra arredor da temática do comercio electrónico.
Ten por finalidade, segundo informan os organizadores (DobleClic), formar e dar as ferramentas de traballo ás PEME e ás novas iniciativas empresariais no ecommerce para así “crear un sector competitivo e fortalecer o tecido empresarial galego coa axuda das institucións e o esforzo de todos”.
Segundo engaden os impulsores da iniciativa, esta abrangue un amplo abano de nichos, sectores e temáticas, xa que a cuestión das vendas e as comunicacións por Internet e polas redes sociais é xa, a día de hoxe, unha cuestión universal que afecta a tódalas empresas. “Sectores como a artesanía, a agricultura, a industria e a cultura galega”, informan, “teñen un gran potencial de comercialización, pero en moitos casos non atopamos nin os recursos nin a iniciativa como para saber desenvolvelo e fortalecelo, baleiro que pretendemos cubrir con CONECOM, rompendo barreiras e instruíndo e capacitando aos emprendedores nas plataformas tecnolóxicas”.
Santiago acolle este xoves a terceira convocatoria do congreso de ecommerce CONECOM
Compartir Este Artigo
