O operador galego de telecomunicacións R lanza este venres unha actualización da súa oferta que abrangue tanto a clientes coma a novas altas: rebaixa de prezos e incremento de funcionalidades caracterizan esta nova promoción que achega velocidades de 200 megabytes por segundo, televisión HD de alta calidade con 4 veces mellor imaxe que a TDT e prezos con descontos ao empaquetar servizos co móbil. Así, a dita oferta está pensada para que todos os clientes poidan pasar a ter 20, 100 ou 200 Mbps nos seus accesos a Internet.
Estamos, sinala R, perante a única rede de fibra óptica onde é posible gozar de velocidades de 100 Mbps no 100% da rede. Asemade, os novos cablemódem de dobre banda Wi-Fi que o operador galego emprega para ofertar as velocidades máis elevadas, permiten evitar as interferencias ao emitir en bandas menos utilizadas polo resto de dispositivos deste tipo.
A outra face desta promoción é a de ofrecer televisión dixital multicanle en alta definición dende só 6€ ao mes. R subliña que o cambio de frecuencias da TDT non lles afecta aos clientes que vexan a tele a través de R. Estes cambios (que supoñen un custo considerable) fanse directamente nas cabeceiras de TV de R espalladas por Galicia. De aí que os clientes de R non teñan que gastar nin facer nada.
En canto aos terminais móbiles, R aposta pola promoción de móbiles a cero euros. Amais mellóranse as condicións das principais tarifas de móbilR.
R rebaixa os seus prezos e aumenta a súa operatividade
Compartir Este Artigo
