Que os nomes de dominio de Internet sexan un elemento que consideremos imprescindible para calquera marca comercial e negocio, as investigacións de Google amosan que o 55% dos pequenos negocios continúan sen ter un, e para facilitarlles unha solución a tal carencia están a preparar Google Domains, un servizo que está actualmente en beta pechada a través do que a compañía permitirá o rexistro de nomes de dominio (.com, .biz, .org… e incluso algún dos nomes dominios de Internet que están a delegarse nos últimos meses) incluíndo servizos adicionais que facilitarán a súa administración e uso.
O servizo permite realizar rexistrar dominios mantendo os datos o rexistrante ocultos sempre que sexa posible; permite crear ata un cento de redireccións de correo electrónico (facilitando que as empresas poidan, por exemplo, empregar a súa marca dende Gmail, dando unha imaxe máis profesional); conta con redireccións web; deixa personalizar ata un cento de subdominios; conta con ferramentas para administrar os dominios de xeito completo; e está baseado na robusta infraestrutura de Google.
Os usuarios de Google Domains poderían incluso crear a súa propia páxina web a través de ferramentas de terceiros (como Shopify, Squarespace, Weebly e Wix) que permiten crear espazos profesionais sen coñecementos de programación.
Polo momento só pode accederse a Google Domains mediante invitación (pois o servizo aínda non está totalmente desenvolvido) e queda agora por ver se converterase nun importante competidor para os axentes rexistradores de dominios que hai na actualidade, ou quedarase nunha simple ferramenta para os profesionais que vexan en Google un xeito doado de cubrir unha das carencias dos seus negocios.
Google está a probar un servizo de rexistro de dominios da Internet
Compartir Este Artigo

