O Plan de Formación 2014 do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta celebra os días 26 e 27 o seu segundo módulo, centrado nas Estratexias de Comunicación 2.0. no que se darán as claves para implantar unha estratexia dixital que capaz de posicionar un pequeno negocio ou a firma persoal ao lado das grandes marcas.
As xornadas son gratuítas e pódese participar en modalidade presencial no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) en Santiago de Compostela ou ben a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de A Coruña- Centro Cívico de Eirís, Sada , Ortigueira, Fisterra, Barreiros, O Vicedo, Ourense, Verín, Leiro, Celanova, Pontevedra, Valga e A Cañiza. Ademais, poderá seguirse a través do Twitter co hashtag #innovacionDIX. Os interesados en participar poderán formalizar a súa inscrición a través da Internet.

O día 27 Víctor Gómez Romero, responsable de Restauraaccion.com, achegará aos participantes á realidade da comunicación 2.0 e do marketing de contidos. Víctor Gómez é consultor en xestión empresarial, calidade, procesos, innovación, tecnoloxía e persoas, profesor da Universidade de Vigo e desenvolve proxectos de consultoría e marketing dixital centrados fundamentalmente en restauración, aplicando a innovación ao marketing para restaurantes.
O programa de formación deste ano, co título Innovación e transformación dixital 2.0, ten como obxectivo desenvolver as capacidades das persoas e as organizacións como axentes impulsores da innovación social a través das TIC. Estrutúrase en 4 módulos de 8 horas de duración cada un, que poden ser cursados de maneira independente:
• Módulo I: Inserción laboral e recrutamento 2.0 (19 e 20 de xuño)
• Módulo II: Estratexias de comunicación 2.0 (26 e 27 de xuño)
• Módulo III: Innovación social. Experiencias prácticas (3 e 4 de xullo)
• Módulo IV: Coaching para a transformación social (10 e 11 de xullo)
A formación para os voluntarios dixitais achegarase ás estratexias de comunicación 2.0
Compartir Este Artigo
