A sede da AMTEGA acolleu, a través de videoconferencia, a xuntanza do Grupo de Traballo de Observatorios, Medidas e Indicadores do Comité Sectorial de Administración Electrónica, na que se definiu un novo cuestionario para a elaboración da enquisa sobre a eAdministración nas Comunidades Autónomas, un informe que se ven publicando dende o ano 2005.
A reunión, na que participaron representantes das 17 comunidades e do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, permitiu reorientar preguntas e determinados aspectos da metodoloxía empregada para conseguir uns datos coherentes e comparables entre Comunidades Autónomas.
O novo cuestionario, integrando as cuestións definidas na sesión aprobarse ao longo do próximo mes de xullo, para que se poida realizar a recollida de datos a partir de setembro e presentar o informe antes do fin de ano. Os informes publicados ata o de agora están dispoñibles no Portal da Administración Electrónica.
Dende principios do 2012, a Xunta de Galicia coordina este Grupo de Traballo, que en 2013, propuxo revisar o cuestionario que se estaba a utilizar para optimizar a cuantificación dos avances e a incorporación de novos indicadores axeitados aos proxectos de Administración Electrónica desenvolvidos tanto polas Comunidades Autónomas como polo Ministerio.
O informe sobre a eAdministración nas comunidades autónomas coordínase dende Galicia
Compartir Este Artigo
