
Por certo que o servizo a desenvolver polas empresas galegas materializarase a través da solución Webphone. Trátase dunha ferramenta que ten a función de conectar aos visitantes dunha web (os interesados) coas empresas de servizos, dende centros hospitalarios a residencias, pasando por hoteis, balnearios e axencias de viaxe. A solución opera sen custo para o cliente, e fai gala, informan TTT e IP Global, “dunha tecnoloxía madura, implantada e coñecida de abondo por todos os públicos, unha tecnoloxía que non é outra que o teléfono, tanto móbil como fixo, xerando un importante fluxo de datos”.
Segundo nos conta o propio José María López Bourio, este tipo de turismo é claramente unha actividade con moito potencial de proxección, e de feito calcúlase que medrará ata os cincocentos millóns de euros en 2015. Asemade, recentes estudos de mercado feitos por Deloitte e a FNCP apuntan a que o volume total de negocio rexistrado polos países receptores de turistas sanitarios vai alén dos 7.400 millóns de dólares. De feito, en España o mercado actual rolda os 140 millóns de euros e espérase -como dixemos- que esta cifra creza ata os 500 millóns de euros de aquí ao ano 2015.
Lanzado en 2013, o Clúster Español de Turismo de Saúde é un proxecto conxunto de cinco organizacións empresariais: a Federación Nacional de Clínicas Privadas (FNCP), a Asociación Nacional de Balnearios (ANBAL), a Federación Empresarial da Dependencia (FED), a Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos (CEHAT) e a Confederación Española de Axencias de Viaxes (CEAV). O obxectivo desta iniciativa é situar o Estado como “un referente no mercado do turismo sanitario e atraer fluxos de pacientes de alto poder adquisitivo cara aos centros sanitarios e infraestruturas turísticas membros do Clúster”. Segundo nos lembran fontes de TTT e IP Global, en Galicia súmanse a este proxecto “importantes clínicas privadas, hoteis e balnearios, aos que o Clúster ofrece interesantes perspectivas de negocio”.
As galegas TTT e IP Global desenvolverán unha plataforma de comunicación para o Clúster Español de Turismo de Saúde
Compartir Este Artigo
