
HCS de Cisco permite ás grandes empresas despregar as súas propias centrais de telefonía IP virtualizadas nos centros de datos de Telefónica. Coas mesmas funcionalidades que se dita central se atopase na sede do cliente, e coa vantaxe de dispor dun servizo que se adapta ás necesidades de cada compañía, evitando investimentos en infraestruturas e actualizacións da plataforma.
Emporiso, con este servizo é posible desenvolver de maneira máis áxil e sinxela infraestruturas de telefonía sobre IP, o que se traduce nunha maior flexibilidade para crear novas sedes e aumentar as prestacións do servizo segundo as necesidades específicas do negocio. Nunha modalidade de pagamento de cotas mensuais, que se afasta do modelo de investimento e permite facer unha maior previsión do gasto para as empresas.
Unha das principais vantaxes de Hosted Collaboration Solution, é que permite evolucionar cara a un sistema de comunicacións unificadas dentro do núcleo das empresas, xa que cunha plataforma de telefonía IP actualizada de xeito continuo e transparente como esta, é máis doado integrar os distintos sistemas de comunicación que empregan as compañías. Esta solución inclúe tamén o acceso á suite completa de aplicacións de colaboración de Cisco: como Cisco WebEx (para reunións mediante vídeo conferencia web), ou Cisco Jabber (cliente integrado de comunicacións unificadas que permite aos usuarios interactuar mediante distintas canles: mensaxería instantánea, voz, vídeo, mensaxería de voz ou videoconferencia, dende calquera lugar e dispositivo).
Engadir que Telefónica, amais do aloxamento nos seus centros de datos, realiza a instalación, xestión integral e mantemento deste servizo.
Telefónica achega aos seus clientes os servizos de voz na nube de Cisco
Compartir Este Artigo
