
O concurso de deseño de aplicacións informáticas do CPETIG conta coa colaboración da AMTEGA e da Consellería de Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o apoio da Fundación Barrié de la Maza, Coremain, El Corte Inglés, Gadis e a asociación Programamos.
Segundo se engade dende o colexio, esta iniciativa dálle continuidade aos esforzos que se impulsan dende o CPETIG para fomentar as ensinanzas de programación informática, promover a formación de tecnoloxía informática nas aulas, difundir a importancia da informática no desenvolvemento sustentable da Sociedade da Información e mellorar a confianza da sociedade nas ferramentas informáticas
Ao fío do devandito, o CPETIG lembra que o o pasado mes de abril un curso de formación de desenvolvemento de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch no que participaron máis de 35 profesores non universitarias de Tecnoloxía e Informática de toda Galicia, que foi impartido polos profesores Jesús Moreno León e José Ignacio Huertas Fernández, que contan con máis de 10 anos de experiencia neste eido.
O CPETIG convoca un concurso de aplicacións para promover a creatividade nos colexios galegos
Compartir Este Artigo
