Como xa anunciaran durante o último Google I/O, o Chromecast está a avanzar en prestacións para permitir, por exemplo, a posibilidade de clonar a imaxe do smartphone ou o tablet no televisor, funcionalidade que multiplica os usos que pode ter o pequeno accesorio de Google, de xeito que en vez de limitarse a reproducir vídeos de YouTube, Wuaki.tv e outras plataformas pode empregarse tamén para amosar imaxes almacenadas no móbil, para consultar mapas, para a realización de demostracións profesionais e moitos outros usos, prescindindo de cables entre o dispositivo móbil e o televisor.
Esta actualización chega a través de Google Play, onde a versión 1.7 da aplicación oficial do Chromecast integra a opción de facer mirroring da pantalla (en fase de probas) e que chegará paulatinamente a unha serie de dispositivos compatibles que concretamente son os Nexus 4, 5, 7 (2013) e 10, os Samsung Galaxy S4, S5 Note 3 e Note 10, o HTC One M7 e os LG G Pro 2, G2 e G3.
Para poder enviar o contido da pantalla do dispositivo con Android ao televisor a través de Chromecast hai que ter o móbil conectado á mesma rede Wi-Fi, abrir á aplicación de Chromecast e dende o panel de navegación seleccionar a opción Pantalla de Cast, premer o botón Pantalla de Cast e seleccionar o nome do Chromecast que queiramos empregar.
O Chromecast comeza a incorporar a funcionalidade de clonación de pantalla
Compartir Este Artigo

