Para axudar ao desenvolvemento de proxectos emprenderes e impulsar a innovación Google Ventures estréase en Europa cun fondo de investimento inicial de 100 millóns de dólares que pretende contribuír ao financiamento das mellores ideas europeas de emprendemento para contribuír ás súa materialización.
Google Ventures leva funcionando dende 2009, e nestes 5 anos de traballo traballaron con máis de 250 empresas e proxectos moi heteroxéneos, como o desenvolvemento de probas de sangue para realizar a detección temperá do autismo (SynapDx), unha iniciativa para facer asumible a enerxía solar (Clean Power Finance) ou mellorando o xeito no que os doutores e pacientes se achegan ao cancro (Flatiron Health). Tampouco faltan no catálogo de socios de Google Ventures proxectos máis tecnolóxicos como Pocket, Uber, TuneIn ou Nest, aos que non só achegan financiamento, senón tamén colaboración mediante o asesoramento e a formación.
Google Ventures investirá 100 millóns de dólares en proxectos europeos
Compartir Este Artigo

