O presidente de Telefónica España, Luís Miguel Gilpérez (drta.) tras a sinatura do novo contrato con José Luís Otero, presidente de CommCenterTelefónica vén de renovar o seu contrato coa compañía de accionariado galego CommCenter, sen dúbida unha das máis destacables da rede de distribución, con máis de 160 tendas en España. Así, Movistar, cuxa rede de tendas é a máis extensa con 1.600 puntos de venda en toda España, vai comezar o curso renovando a súa face e prestacións para adaptalas á realidade do mercado, cada vez máis converxente e máis envorcado nos servizos dixitais, a televisión e os novos dispositivos. A remodelación das tendas comezará en setembro e estenderase ata o ano vindeiro. As tendas Movistar achegarán solucións a todas as necesidades do cliente: levar o seu móbil configurado coas súas aplicacións favoritas grazas ao servizo Gurú, dispor dun smartphone de substitución mentres o seu está a ser reparado, etc. Cómpre dicir que este cambio é parte da estratexia de Telefónica de transformarse na mellor Telco Dixital e achegarse cada vez máis aos clientes, unha estratexia na que o papel da canle de distribución é chave para a compañía.