Estes días o kit de desenvolvemento de Oculus Rift está a renovarse, dando unha auténtico paso de xigante, ao mellorar considerablemente a resolución e calidade da pantalla integrada nos seus lentes de realidade virtual, e o Development Kit 2 conta agora cun interesante incentivo á hora de decidir se paga a pena investir os 350 dólares (262 euros) que custa, xa que veñen de anunciar que o software VorpX vén de actualizarse para soportar o novo dispositivo de realidade virtual.
VorpX é un controlador comercial que permite que ducias de xogos que non se deseñaron pensando na realidade virtual poida gozarse cuns lentes Oculus Rift, o que están a demostrar co xogo The Elder Scrolls IV: Skyrim, co que incluso podemos gozar do seguimento óptico de posición do novo modelo de lentes de Oculus, facendo que o xogo gañe en realismo e inmersión.
O que fai VorpX é coller xogos baseados en DirectX11 e aplicarlles un método de renderizado estereoscópico, de xeito que consegue que poidan verse nunhas realistas tres dimensións. Dado que os xogos empregan perspectivas bastante diferentes, esta aplicación inclúe configuracións personalizadas para cada xogo, de xeito que tanto podemos gozar das escenas de Bioshock: Infinite como da vertixe de Mirror’s Edge. O prezo desta solución software que amplía considerablemente o número de xogos dos que pode gozarse cunhas lentes de realidade virtual é de 35 dólares.
Vídeo no que demostran como se vería o xogo Skyrim mediante VorpX

