Quen queira fútbol internacional entre combinados de países, vai ter fútbol da man de Movistar TV. Así o confirmou hoxe xoves a operadora, que vén de crear Movistar Fútbol, unha canle exclusiva que, entre outras cousas, permitirá seguir ata seis encontros simultáneos en directo. A un nivel máis concreto, achegará aos espectadores o privilexio de asistiren dende os seus fogares aos encontros da fase de clasificación para a Eurocopa 2016. Movistar Fútbol, que se centrará nos partidos de seleccións nacionais, comezará a súa andaina o 7 de setembro cun encontro previo á devandita Eurocopa de Francia.
Movistar Fútbol, dispoñible no paquete Fútbol e Total, seleccionará cada día dous encontros destacados da dita clasificatoria para emitir no seu dial principal (dial 54), en directo e en HD. Ademais, irán acompañados dos resumos e os goles do resto de partidos con programas especiais durante os descansos e entre os partidos. Un programa previo dunha hora ás 17:00 horas, no que s3e fará un repaso pola historia da Eurocopa, abrirá a emisión de Movistar Fútbol o domingo antes de que comecen os partidos. Por outra banda, os clientes de Movistar TV poderán gozar -tamén en directo- do resto de encontros que se disputen de xeito simultáneo nos diais secundarios da canle, situados entre o dial 57 e o dial 61, podendo escoller o partido que máis lles interese.
Chega Movistar Fútbol, unha canle para os seareiros dos partidos de seleccións
Compartir Este Artigo
