
A xira, informa o Colexio, arranca este ano en Sevilla, o 24 de setembro, e estará presente en Bilbao, As Palmas de Gran Canaria, Barcelona e A Coruña. “En todas as cidades”, prosegue a plataforma profesional galega, “desenvolverase un extenso programa con conferencias sobre redes definidas por software (SDN), BYOD, banda larga sen fíos (Wi-Fi, WiMAX, LTE), virtualización de escritorios (VDI), mobilidade, comunicacións unificadas, centros de datos, etc”. Os relatorios irán encamiñados principalmente a responsables de tecnoloxía e innovación de organizacións tanto do sector público como privado.
Detrás desta xira, amais do COETG, atópase o colectivo @asLAN, asociación estatal de provedores de Rede, Internet e telecomunicacións. A cita coruñesa será no Hotel Hesperia Fisterra, no paseo do Parrote a partir das 9.00 da mañá. A sesión de clausura contará con representantes de organizacións galega que teñan integradas con éxito tecnoloxías cloud e de mobilidade avanzada. Tamén participará Eduardo Artal, delegado en Cantabria da asociación @asLAN.
Como lembraremos, a parada galega da anterior edición da xira celebrouse o 18 de setembro de 2013 en Santiago, contando tamén co apoio organizador Colexio Oficial de Enxeñeiros de Galicia. Igualmente, tratáronse as cuestións da mobilidade e a computación na nube, dous conceptos-tecnoloxías que dende a organización cualificaron de “imparables”.
O COETG participa na xira @asLAN sobre mobilidade e cloud, que recala en novembro na Coruña
Compartir Este Artigo
