Os nosos deportistas novos despuntan, e non só no campo de xogo, senón tamén na Rede. Proba disto é o que acontece estes días en FuturosCracks, un portal de talento deportivo con vocación mundial no que xa se locen tres promesas do fútbol galego. Falamos de Denis Ogando, Iñaki Martínez e Antón Alonso, tres deportistas de amplo potencial que, segundo nos contan, xa conseguiron atraer a atención de centos de observadores de todo mundo na devandita web. E a listaxe de talentos novos que brillan nela non para de medrar. Estamos ante unha nova fórmula de colaboración entre deportistas e observadores de todo mundo, unha fórmula que racha barreiras físicas e amplías as posibilidades de promoción da mocidade galega (e internacional) que despunta no deporte? Pois probablemente si.
O portal no que se están promover Denis (12 anos, centrocampista do Xuvenil de Lérez), Iñaki (14 anos, xoga no Bora CF) e Antón (8 anos) é un servizo empregado por equipos, adestradores e axentes de todo o mundo. A súa principal función é favorecer a captación de futbolistas. Segundo se deduce da actividade xerada ao longo das últimas semanas, a concorrencia dos tres deportistas galegos na plataforma é máis destacable e está moi por enriba da media. 
Lembrar que Futuroscracks.com é unha web posta en marcha en España para promover as novas promesas e potenciar o labor de captación de talentos. Segundo sinalan os seus responsables, é unha ferramenta cen por cen independente que xa foi quen de superar o millón e medio de visitas, acubillando máis de 7.500 xogadores rexistrados, máis de 450 clubs, 700 adestradores e máis de 300 axentes.
Tres deportistas galegos entre os máis destacados do portal de promesas FuturosCracks
Compartir Este Artigo
