Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou dende a nosa aplicación para iPad.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención Gradiant, centro tecnolóxico que afronta novos e ambiciosos retos na súa nova etapa e que amósanos as súas novas liñas de traballo e colaboración tecnolóxicas.
Tamén destacamos outros temas como:
– Xa coñecemos os nomes dos proxectos seleccionados para Galicia Open Future
– E-DIXGAL leva os libros dixitais a máis de 2.300 alumnos de quinto de primaria
– O CDTIC incorpora novos servizos para achegar a tecnoloxía aos sectores produtivos
– O CITIC amosa o potencial competitivo dos seus achados para a empresa galega
– A Deputación de Pontevedra fai reconto dos logros dos seus puntos CPAE 2.0
– O COETG-AETG ultima a dezanove edición da Noite Galega das Telecomunicacións
– A Deputación de Lugo fai balance do seu programa Reacciona coas TIC – Agasallo.eu anímanos a mercar regalos na nosa lingua
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo

